lunes, 12 de junio de 2023

Volume da charca

Uns compañeiros de 6º animáronse a calcular o volume aproximado de auga que hai na charca do noso cole. Unha  tarefa que require certos coñecementos en matemáticas. Fixéreno moi ben. Aquí tedes o resumo desta actividade tan interesante. 



 

Obradoiro charca e zonas húmidas

Este curso tivemos a ocasión de desfrutar e aprender nun obradoiro que impartíu a asosciación ADEGA. Tratábase de descubir a rica fauna que podemos atopar nunha charca, especialmente aquela relativa ao mundo dos insectos acuáticos, algúns deles no seu primeiro estado de metaformose, antes de convertirse en libeliñas ou cabaliños do demo; pero tamén aprendimos a analizar o estado da auga ( ph, nutrientes...) e outras cousas, como os coidados que require este ecosistema tan especial.








viernes, 12 de mayo de 2023

Ver o lixo para sensibilizar

 Unha estupenda iniciativa de dúas compañeiras de 5º consistíu en levar polas aulas unha caixa con lixo que atoparon no patio de primaria. Animáronnos a todas e a todos a que fósemos máis respectuosos coa limpeza do noso espazo de xogo e co cole en xeral!

Parabéns para elas!



miércoles, 10 de mayo de 2023

O terrible Picudo. O novo invasor! Píntega e Ferreiriño

 

A continuación podedes ver algúns dos animaliños que atopamos polo cole este ano (ferreiriño, píntega e picudo).

Este insecto é terrible, non deixa en pé nin unha soa palmeira. Desde que se instalou nos nosos ecosistemas a poboación de palmeiras está disminuir a velocidades de vértigo.

Nas seguintes ligazóns tedes información de interese sobre este insecto coñecido vulgarmente polo nome de "PICUDO".

                                                              Exemplar que atopamos no cole 


                               Temos este libro na biblio do cole, por se queredes ampliar a vosa información...

   Vídeo do exemplar que atopamos no cole (copiade a ligazón e pegádea no navegador):

https://drive.google.com/file/d/1zHn3E2AKeVQiyYR5TZdEgkvegWJyor4S/view?usp=sharing




                                  Ferreiriño                                                                   Píntega


Xa temos o noso "kit" de reciclaxe

 Por fin!

Despois de moitas tentativas conseguimos que nos puxeran un contenedor para reciclaxe de papel no cole. Agora aprovetiamos para colocar os distintos contenedores que temos (papel, aceite de cociña e material de escritura) nun único lugar e facilitar así o noso labor para o coidado do medio ambiente.




lunes, 6 de marzo de 2023

Tobo a carón do cole

 Se vos achegades ata o aparcadoiro do cole podedes ver a entrada do tobo dun raposo. E mesmo as pegadas que deixa na entrada. 

Achegádevos respectuosamante, sen facer ruído e sen tocar a entrada para que non se sinta ameazado...



sábado, 25 de febrero de 2023

O oso pardo nas montañas de Galicia

 Aquí tedes unha interesante nova sobre o oso pardo na nosa comunidade.




https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2023/02/15/oso-pardo-agustito-montanas-lugo-ourense/00031676479580549107657.htm#:~:text=Al%20oso%20pardo%20le%20gusta,plantas%20que%20lles%20resultan%20atractivas.

Desfrutade do artigo!