lunes, 16 de abril de 2012

Charca escolar(Un pouco da súa historia)

Coa aportación de Voz Natura
                              Concello
                              Uns pais de alumno
                            e toda a Comunidade Educativa

Un grupo de mestres idean facer nun recuncho do colexio un espacio educativo permanente: Unha Charca.
Os  obreiros do Concello fixeron un burato, e puxeron un punto de auga e de electricidade, o burato de forma aovada e cunhas zonas máis profundas que outras.
Choveu e a charca "encharcouse"
Con todo algunha auga se ía evaporando e a maioria se filtraba pola terra.
Decidimos poñer unha lona de plástico impermeable para que a auga non se filtrase.
A colaboración dun pai dun alumno foi importantísima: nos suministrou materiais e obreiros.
Os obreiros colocaron a lona, as pedras e organizaron un contorno precios ao redor da auga.
Como queremos que haxa peixes compramos unha bomba con filtro para reciclar os residuos das follas que caen na auga e os excrementos dos peixes.
Mentres non se colocou a bomba , fomos plantando algunhas plantas acúaticas e outras de zonas húmidas.
Os/as alumnos/as aportaron as plantas e algunha terra. (fieitos, espadanas, salgueiros....)
Fixemos un pequeno viveiro a caron da charca coas plantas que truxeron os/as nenos/as. despois unhas se plantaban ao redor da charca e outras nun corredor que hai próximo a charca.
Neste proxecto estamos colaborando toda a comunidade educativa, tanto o persoal docente como o  non docente.
Queremos crear un pequeno ecosistema de auga doce con peixes, ras, algunha tartaruga e insectos e escarabellos axeitados a zonas húmidas. Para iso a auga e as plantas son vitais.




No hay comentarios:

Publicar un comentario