Temos pensado novas cousas, axardiñar algunhas zonas da contorna escolar con plantas aromáticas e ornamentais e tamén levar a cabo a reciclaxe e o aforro enerxético dentro do colexio.
Neste momento, o alumnado de cuarto está a facer un caderno de campo con todo o relacionado coa vida da charca, animais e plantas. Pero facendo unha boa labor de alta investigación.
A charca tamén é un mundo de fantasía, esa que nos fai soñar e medrar, e por iso todas as iniciativas, aportacións e creacións de todo tipo estarán ben admitidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario