jueves, 19 de enero de 2023

Caixas niño para paxaros

 Aquí estamos de novo coa neve xa moi preto de nós. 

Os paxaros necesitan protexerse para criar, aínda que o fagan na primavera e vaia bo tempo. Tristemente, cada ano que pasa teñen menos espazos naturais para traer as súas crías a este mundo, así que pensamos en construirlles unhas casiñas que colocaremos estratexicamente nalgunhas das árbores do cole. A ver se temos sorte e conseguimos que lles guste a idea e poidan criar con tranquilidade.

Deixámosvos unha foto dunha casiña, cun niño dentro, para darvos unha idea de como serán as nosas se todo vai como esperamos...



Un dos paxaros que adotia aniñar nestas casiñas é o Ferreiriño. Un paxaro pequeno e moi lindo.

Aquí tedes un vídeo no que se pode observar como un ferreiriño inspecciona a casiña dun peto para ver se lle serve como lugar para aniñar. Non ten problema por vivir de "okupa" unha temporadiña...

https://www.facebook.com/afragadorei/videos/ferreiri%C3%B1o-negro-de-ocupa-no-ni%C3%B1o-do-peto/571133233798635/ 

No hay comentarios:

Publicar un comentario