Punto Limpo Móbil é unha iniciativa do Consorcio das Mariñas que ten por finalidade sensibilizar ao alumnado dos colexios de primaria sobre a importancia dunha boa selección no lixo para a súa correcta reciclaxe.
O curso pasado impartiron uns obradoiros interesante sobre este tema e este curso repetiron a proposta deixándonos, durante unha semana, distintos tipos de contenedores. Así que aproveitamos para traer da casa aqueles obxectos que non nos servían e que non sabiamos como desfacernos deles. Alí estaban, esperando o lugar axeitado onde darlle unha "nova vida". Este é o lugar onde os botamos.
Xa sabedes que temos un peixe de metal no patio do colexio onde imos botando os plásticos de refugallo das nosas merendas durante o recreo. Pois ben, este mes chegou a hora de balerialo e pesalo. O obxetivo é que a finais de curso, cando o baleiremos e pesemos de novo, consiguamos ter xenerado bastante menos lixo. Xa se verá! Pero hai que intentalo.
Desta volta, recollimos uns 30 kg, que metimos en tres bolsas grandes, despois de pesalas cunha preciosa báscula romana... A continuación, como xa sabedes, as levamos polas aulas para que todos e todas as compas as poidesen contemplar e fixeran unha pequena reflexión sobre a cantidade enorme de lixo que producimos.
Inmortalizamos este momento da pesada nesta foto:
Peixe come plásticos case baleiro (28/2/2023)
No hay comentarios:
Publicar un comentario