Xa temos a disposición do cole a posibilidade de reciclar material escolar de refugallo, concretamente material de escritura. É unha iniciativa que levamos en colaboración coa ANPA, quen se ocupa da loxística e seguemento do proxecto, mentres que nós ocuparémonos de facer a selección do material para levalo aos puntos de recollida establecidos. Un pequeno paso máis que podemos dar no coidado do medio ambiente.
Nesta ligazón atoparedes información sobre este tema:
https://www.terracycle.com/es-ES/brigades
No hay comentarios:
Publicar un comentario