lunes, 6 de junio de 2022

A reforma/rehabilitación da charca

 Por fin, neste mes de maio comezou a esperada reforma da charca. Fixéronnos un traballo estupendo. Agora temos a auga limpiña, libre de limos e contaminación, as ras empezan xa a cantar e xa se ve algunha libeliña pequerrechiña revolotenado entre os xuncos. Tan só nos falta reparar o motor e xa queda completamente lista...

Desta volta, non haberá nin tartarugas nin carpas porque chegamos á conclusión de que manter estes animais tan voraces supón unha alteración moi importante no ecosistema. Preferimos que a diversidade sexa a máis natural posible e esperar de novo a ver insectos acuáticos, cabaliños do demo, paxaros, libeliñas de múltiples cores, ras... Iso permitiranos estudar moito mellor este diverso e interesante ecosistema que temos no cole.

      






                                                                      Muda de libeliña 



Deixámosvos aquí un par de  ligazóns de interese sobre da charca por se queredes indagar sobre o tema: 

http://libelinhasdegalicia.blogspot.com.es/2011_04_01_archive.html  (Libélulas)

http://www.youtube.com/watch?v=DvO7d7Th6SI  (Pond life in a jar; A vida na charca)




No hay comentarios:

Publicar un comentario