lunes, 6 de junio de 2022

Obradoiro limpeza da praia de Bastiagueiro


 A finais de maio todo o cole (desde Infantil a Primaria) achegámonos ata a praia de Bastiagueiro coa intención de deixala ben, pero que ben limpa. Fixemos a actividade coa axuda desinteresada da asociación "Wesusteinability". As monitoras derónnos unha boa explicación sobre a contaminación nas praias e proporcionáronnos chalecos, luvas e bolsas para a recollida do lixo. Entre todas e todos, apañamos preto de 90kg de lixo.

Despois descansamos, merendamos... e de volta ao cole. Unha linda e interesante xornada!





                                                                    Outros tempos... 🙈


No hay comentarios:

Publicar un comentario